Monografias.com > Computación > Internet
Descargar Imprimir Comentar Ver trabajos relacionados

Cibergraffiti: unha breve aproximación ó fenómeno do google bombing como forma de expresión social




Enviado por Djamel Toudert


Partes: 1, 2

    Idioma original:

      · galego

    Palabras clave:
     · censura
     · comunicación
     · internet
     · medios de
    comunicación
     · movimientos
    sociales

    ABSTRACT: O actual volume de
    información que está
    dispoñible na rede fai imprescindible o uso de buscadores
    para poder facer un
    uso útil da mesma. Isto provoca que os buscadores e
    directorios exerzan coma gatekeepers que condicionan o acceso
    á información por parte dos usuarios. Google, como
    líder
    dos buscadores de Internet, ten unha
    importancia crucial no acceso á información, pero o
    fenómeno do Google bombing manipula os seus sistemas de
    elaboración de ranking de resultados para amosar de xeito
    relevante contidos reivindicativos, e expresións do
    pensamento de colectivos minoritarios, configurando así
    unha poderosa ferramenta para a expresión cidadá
    á marxe do control dos
    grandes grupos de
    comunicación.

    Presentación

    Nesta comunicación tratamos de facer unha
    primeira aproximación ó estudo do fenómeno
    do Google bombing como xeito de expresión social
    netamente vinculado a Internet, dende o ámbito das
    ciencias da
    comunicación.

    1.- O acceso á
    información e os grupos mediáticos

    Houbo un tempo no que os medios de
    comunicación exercían de contrapoder ante os
    abusos dos "tres poderes" definidos pola teoría
    clásica. Constituían segundo RAMONET un cuarto
    poder que "era, en resumo, gracias ós medios de
    información, o poder do que dispuñan os
    cidadáns para criticar, rebater, oporse, nun marco
    democrático, a decisións legais que podían
    ser inicuas, inxustas e ata criminais contra dalgúns
    cidadáns inocentes" (RAMONET, 2003: 48).

    No contexto actual a comunicación de masas
    está en mans de grandes grupos mediáticos que controlan xa non só
    os medios de comunicación senón que tamén
    teñen o dominio das
    industrias do
    ocio e o entretemento. O poder das grandes corporacións
    multimedia para
    decretar o que é realidade ou ficción, para
    discernir entre o que existe e sucedeu do inexistente é
    case absoluto e segue sempre o criterio, non da veracidade,
    senón da conveniencia ou inconveniencia para os intereses
    económicos e ideolóxicos da empresa.

    MICHAEL COLLON (1995:121-166), baseándose en
    reflexións de HERMAN e CHOMSKY (1), describe o sistema dos
    medios de comunicación coma unha "máquina de
    filtra-los feitos" con catro filtros:

    1.- Os medios son empresas que
    funcionan para conseguiren rendibilidade
    económica.

    2.- O poder económico dos anunciantes condiciona
    os contidos dos medios.

    3.- Un gran número das fontes das que
    obteñen información pertencen ó
    ámbito gubernamental ou empresarial.

    4.- Existe unha autocensura por parte dos xornalistas de
    xeito inconsciente ou non, que os leva a defende-la orde
    establecida.

    Como resultado temos un panorama comunicativo
    francamente desalentador, no que o único ó que pode
    aspirar o individuo
    é a ter un coñecemento máis ou menos preciso
    dos intereses que se agochan trala información que recibe,
    e proceder a realizar unha selección,
    en consecuencia, destes datos seguindo o
    seu criterio.

    Partes: 1, 2

    Página siguiente 

    Nota al lector: es posible que esta página no contenga todos los componentes del trabajo original (pies de página, avanzadas formulas matemáticas, esquemas o tablas complejas, etc.). Recuerde que para ver el trabajo en su versión original completa, puede descargarlo desde el menú superior.

    Todos los documentos disponibles en este sitio expresan los puntos de vista de sus respectivos autores y no de Monografias.com. El objetivo de Monografias.com es poner el conocimiento a disposición de toda su comunidad. Queda bajo la responsabilidad de cada lector el eventual uso que se le de a esta información. Asimismo, es obligatoria la cita del autor del contenido y de Monografias.com como fuentes de información.

    Categorias
    Newsletter