Monografias.com > Sin categoría
Descargar Imprimir Comentar Ver trabajos relacionados

Cibergraffiti: unha breve aproximación ó fenómeno do google bombing como forma de expresión social (página 2)




Enviado por Djamel Toudert



Partes: 1, 2

 

2.- Internet e a
redefinición do modelo
comunicativo

O nacemento de Internet e, máis concretamente, a
democratización do seu uso supuxeron un gran cambio dentro
deste paradigma que
describimos.

Internet ofrece espazos gratuítos onde as
opinións poden ser expostas libremente (na maior parte dos
países), polo que cada persoa con conexión é
un editor en potencia. Co
nacemento da World Wide Web abriuse a posibilidade de que
a información e a capacidade de difundila e
compartila pasasen a estar en mans de calquera individuo que
se conectase á rede, deixando un flanco dos grandes
grupos
mediáticos e de poder ó
descuberto.

O modelo comunicativo sufría unha nova
redefinición na que o número de emisores medraba
dun xeito nunca imaxinado e, en consecuencia, o feedback
xerado polos receptores pasaba a ser incontrolable. Nembargantes,
a mesma virtude que constitúe o feito de multiplicar o
acceso a emisores de información provoca, paradoxalmente,
a imposibilidade de ter acceso a todos eles. Por todas partes
aparecen diarios dixitais independentes, confidenciais, blogs,
páxinas persoais, etc.: ventás de expresión
ó mundo que se van enlazando unhas a outras
constituíndo redes de información
e coñecemento compartido e, en moitos casos, cun obxectivo
económico meramente baseado na subsistencia.

Como resultado, o volume de datos que se
intercambia en Internet é tan desmesuradamente grande que
o seu manexo sen o uso de directorios ou buscadores
é hoxe imposible.

Cando un individuo ou sociedade establece un negocio, un
lugar onde ofrecer ó público os seus produtos ou
servizos, o primeiro que precisa, o fundamental e imprescindible,
é comunicarlle ó seu público obxectivo a
súa existencia, a do seu produto e os datos precisos para
atopalo. En Internet acontece exactamente igual: o obxectivo
principal é conseguir visitas, tanto se o site
está concibido coma un negocio, coma un método de
relacións públicas e de transmisión da imaxe
corporativa, coma se é un simple e básico espazo de
expresión persoal. Sen receptor non hai comunicación e a busca de receptores para a
nosa mensaxe realízase fundamentalmente de dous xeitos:
publicidade e posicionamento en buscadores.

3.- Os buscadores como
gatekeepers:
Google e o
posicionamento

A ninguén se lle escapa xa que logo que os
buscadores son en moitos casos o gatekeeper que determina
e condiciona a qué información temos acceso.
Teñen o poder inmenso de dicirnos o que existe e non
existe en Internet, máis que nunca dende que Google
(2) entrou en
escena.

Segundo datos de Alexa (3) (e tomemos estes datos coma unha
referencia e non coma unha realidade absoluta, polas
limitacións que o sistema presenta
–comezando polo feito de que a mostra que emprega son os
usuarios da súa toolbar-) Google é o cuarto
site con máis visitas da rede por detrás de Yahoo
(4), MSN
(5) e do
asiático Sina, se ben debemos aclarar que afondando un
pouco máis nos datos observamos que máis dun 90%
das visitas de Google teñen coma obxectivo a busca en
Internet (e isto parece obvio), mentres que as visitas a Yahoo e
Msn concéntranse no seu servizo de correo
electrónico (6).

Botando unha ollada a outros datos que ofrecía a
prensa
(7) durante este
ano, Google é o buscador preferido tanto en Europa coma en
Estados Unidos
segundo estudos de Nielsen Netratings e Standard &
Poor’s Equity Research Services
respectivamente,
achegándose en ámbolos dous casos a ser empregado
por preto do 50% dos usuarios de Internet.

Tendo isto en conta consideramos que é Google
(así, a secas) o gatekeeper con maiúsculas
do ciberespazo. O novo censor da era dixital xa non é de
carne e oso. E non só o consideramos nós. De cando
en cando aparecen novas (8) acusando a Google (especialmente,
polo seu papel preponderante) de acata-las esixencias de gobernos
coma o de China[NOTA]9)
que, dentro dunha refinada estratexia de censura na rede sen
prohibi-lo acceso á mesma, logrou que o buscador impedise
o acceso a sitios prohibidos non amosandoos nos resultados das
buscas correspondentes.

De novo vemos como a decisión sobre o que existe
ou non en Internet está en moitos casos en mans de
Google.

O éxito
de Google débese, na nosa opinión a dous factores
fundamentais que teñen que ver, basicamente, coa
satisfacción do usuario:

1.- A súa simplicidade visual que repercute na
súa percepción
por parte do usuario coma un "servizo altruísta" mesmo
agora que inclúe publicidade mediante o sistema Google
AdWords
[NOTA]10) (cómpre aclarar que o fai dun xeito
francamente pouco molesto para o usuario).

2.- A súa inmensa capacidade de busca baseada en
varios factores: a primeira base de datos
sobre a que posteriormente busca o motor (search
engine
) está elaborada por un robot, o cal implica
unha maior exhaustividade que unha base de datos compendiada por
seres humanos. Como segundo punto forte de Google neste aspecto
témo-lo seu "famoso" sistema de PageRank que
é o indicador da relevancia que unha páxina
web ten para o
buscador e que, a grandes rasgos, está baseado nos enlaces
de outras páxinas cara a nosa (tendo moi en conta a
relevancia de quen nos enlaza), nos nosos propios enlaces, na
frecuencia de repetición das palabras clave, na
aparición das palabras clave na dirección URL etc.
(11)

Naturalmente a ninguén se lle escapa a
importancia de se-lo primeiro resultado ó realizar unha
busca, posto que é un dato sinxelamente comprobable que os
usuarios pincharán con máis frecuencia sobre os
enlaces ofrecidos na primeira páxina de resultados que
sobre os seguintes, decrecendo de xeito proporcional as
posibilidades de que o usuario atope unha páxina web
conforme apareza esta máis abaixo no ranking.

Hoxe en día hai abondosas empresas que
"venden" posicionamento en buscadores, principalmente en Google,
e para lograr que unha páxina web apareza como primeiro
resultado dunha busca realizada en Google é básico
coñecer pormenorizadamente o funcionamento do buscador.
Naturalmente isto desvirtúa en certa medida o
espírito democratizador que impregnaba a filosofía
do buscador pero é tamén o que permite que nos
atopemos nos últimos tempos ante un fenómeno
fascinante: o Google bombing, ou unha forma de
cibergraffiti segundo a versión on-line do
International Herald Tribune (12).

4.- O Google bombing

A primeira noticia que temos do Google bombing
procede do blog de Adam Mathes (13) que, un 6 de abril de 2001,
explicaba que mediante os enlaces masivos empregando unha mesma
liña de texto a unha
páxina web podíase modifica-la súa
posición dentro do ranking de Google. Deste xeito
propúñalle ós internautas incluír no
código
fonte das súas respectivas webs/blogs a
seguinte etiqueta HTML: "Andy
"talentless hack" Pressman". A súa intención era
conseguir que cando alguén buscase en Google
"talentless hack" (hacker sen talento) o primeiro
resultado fose un enlace cara a páxina web do seu "amigo"
Andy Pressman.

Dende ese momento son moitos os Google bombings
promovidos en Internet (principalmente dende blogs e
mediante blogs) e a característica definitoria da
maior parte deles é o seren expresión de
desconformidade, de ser unha canle pública de protesta
contra o poder político e económico. En resume,
como diciamos antes, unha pintada no gran muro que é
Google.

Atendendo ás peculiaridades das Google
bombs
que coñecemos poderiamos falar de catro
modalidades distintas:

A.- "Google bombing propiamente dito" .- Dámoslle
este nome ás Google bombs consistentes, como a
primeira da historia (á que xa
nos referimos), en asociar un termo de busca malicioso a unha
páxina web "oficial". Este sería o caso, por
exemplo, de:

"miserable failure" (miserable fracasado) _ A
busca deste termo en Google amosa como primeiro resultado a
biografía
oficial de George Bush. Como segundo resultado aparece a
biografía oficial de Jimmy Carter e, en terceiro lugar, a
ligazón cara a páxina web de Michael Moore (pero
isto cambia a diario, o que da mostra de que nesta Google
bomb
en concreto hai
unha batalla aberta). A primeira referencia por parte de medios de
comunicación que atopamos é a de
Newsday.com [NOTA]14) o 9/12/2003.

"ladrones" _ Promovido dende o blog
"memorias de un
geek" (15) esta
Google bomb conseguiu que o primeiro resultado en Google
para a busca de "ladrones" fose a páxina web oficial da
SGAE convidando ós internautas a parcipar coas seguintes
palabras:

Estoy harto. Hace unos días me paseaba yo por
una tienda de consumibles de informática a comprar unos CDs
vírgenes, y una tarrina de 50 costaba exactamente el
doble que antes de septiembre de 2003 (la misma marca y
características). ¿No es demasiado? Todo gracias
a la SGAE. Me parece bastante excesivo que los CDs aumenten su
precio de
esta forma tan exagerada gracias a estos mafiosos que se
preocupan por todo menos por los derechos de los
artistas.

Es por ello que propongo un Google Bombing contra la
SGAE." [a continuación explicábase o
proceso a
seguir].) O Google bombing contra a SGAE foi proposto o
día 17/04/2004 e o 27/04/2004 xa conseguiran o seu
obxectivo.

B.- "Google bombing de escarnio": Sería o
caracterizado por ser, en principio, inofensivo, posto que non
pretende enlazar un termo de busca malintecionado a unha web
oficial. Nestes casos o enlace é cara unha páxina
creada ex profeso con contidos burlescos. Sería o
caso, por exemplo, de:

"weapons of massive destruction" (armas de
destrucción masiva) _ Cando realizamos esta busca en
Google aparece unha simpática páxina de "erro 404"
do Internet
Explorer na que se nos advirte de que as armas de
destrucción masiva non poden ser amosadas. Se seguimos
indagando a web enlázanos cara unha páxina na que
se adican a vender camisetas, tazas e mesmo calzóns, con
algunha parte do texto que aparece na páxina primeira.
Esta páxina ten a súa versión en
castelán buscando "armas de destrucción
masiva".

resposables prestige _ introducindo estas
palabras en Google (sen comiñas) aparece de primeira na
lista unha web coma a anterior, baseada no deseño das
páxinas "erro 404", informándonos de que non se
poden atopa-los responsables do desastre do Prestige.

"Un trabajo digno
con un sueldo decente" _ Unha nova páxina baseada
outra volta na plantilla do erro 404 advírtenos de que non
se pode atopar, e suxire que pode ser que o país
teña problemas
económicos ou que precise axusta-la configuración
da súa política
económica.

"Osama Binladen" _ buscando o nome do tristemente
famoso terrorista (tal e como aquí está escrito) o
primeiro resultado condúcenos a unha animación
satírica sobre a "busca" de Bin Laden bombardeando
Afganistán.

C.- "Google bombing recreacional".- O
único caso que coñecemos ata o de agora é o
do concurso de posicionamento promovido dende google.dirson.com
(16):

Seleccionouse unha palabra que non ofrecese
ningún resultado ó busca-la en Google: telendro. O
gañador do concurso sería o que a día 26 de
setembro de 2004 ,as 22:00 (hora CET) figurase coma primeiro
resultado ó buscar este termo inventado. O premio do
concurso (o libro "Google,
los mejores trucos") fainos pensar que a motivación
principal dos participantes foi amosa-los seus
coñecementos sobre posicionamento. Aínda hoxe
Google devolve aproximadamente 169.000 entradas ó
efectua-la busca de "telendro".

D.- "Google bombing total".- Non temos constancia
de que se teña feito nunca pero consistiría en
asociar un termo de busca non malintencionado, ou dito doutro
xeito un termo de "busca real" cunha páxina web
malintecionada. Na blog antes citada, "memorias de un geek",
propúñase como unha resposta á
proposición de Google bombing formulada contra a
SGAE iniciar outro Google bombing co obxectivo de quitar o
primeiro posto no ranking de buscas de Google para o propio termo
SGAE, de xeito que a busca de "SGAE" devolvese coma primeiro
resultado a web .

Con este tipo de Google bombing
conseguiríase "roubar" o primeiro resultado de Google
ó seu "lexítimo dono" conducindo a moitos
internautas cara un contido malicioso. Noutras palabras,
quitarlle á SGAE o seu "posicionamento natural" e
atribuírlle á plataforma anti-sgae un
"posicionamento fraudulento" (17).

5.- Conclusións

Observamos, xa que logo, que a día de hoxe o
Google bombing é unha práctica que persegue
expresa-lo pensamento dunha comunidade internauta, unha pequena
ferramenta que, polo de agora, está fóra do
control dos
grandes grupos mediáticos que filtran toda a
información que recibimos.

O Google bombing é unha ferramenta de
redes de usuarios que ten moito que ver, e coidamos que no futuro
existirá unha maior relación, coas redes descritas
por CASTELLS (2001: 165) que xorden da resistencia das
"sociedades
locais" e propóñense "vencer ó poder das
redes globais". Ben é certo que en moitos casos
detrás non hai unha organización como tal, máis ou menos
estable, que constitúa un garante ideolóxico
"anti-sistema", pero si que deben valorarse pola capacidade que
demostran para aglutinar rápidamente a usuarios que forman
parte de comunidades a primeira vista dispersas para lograr un
obxectivo reivindicativo común.

Sen embargo non debemos esquecer que o Google
bombing
non é máis que un aproveitamento dunha
pequena vulnerabilidade de Google, polo que é de esperar
que, se nalgún momento nos próximos anos esta
práctica chega a representar unha amenaza real para a
fiabilidade do buscador (e non anecdótica como ata agora)
o criterio, o famoso algoritmo de
Google, cambiaría unha vez máis deixando pechada
esta pequena porta de expresión social.

De acordo, pero… ¿ata cando?.

BIBLIOGRAFÍA

· CASTELLS,
Manuel, 2001, La galaxia internet, Barcelona: Plaza &
Janés.

· CODINA,
Lluís, 2004, "Posicionamiento
web: conceptos y ciclo de
vida", en Hipertext.net: La Gestión
Documental y la Representación del Conocimiento
en el Mundo Digital
. Última consulta 08/10/04.
http://www.hipertext.net/web/pag216.htm

· COLLON,
Michael, 1995, ¡Ojo con los media!, Hondarribia:
Argitaletxe hiru, S.L.

·
FERNÁNDEZ, David, 2003, "Cambios en Google", en
DiarioRed.com, Diariored.com – Noticias y
análisis independientes de la actualidad de
Internet. Última consulta 04/10/04. http://www.diariored.com
.

· PAIN,
Julien, "Informe Internet
bajo vigilancia 2004", 2004, en Reporters sans
frontières
. Última consulta 07/10/04.
http://rfs.org/rubrique.php3?id_rubrique=434
.

· UGARTE de,
David, 2002, El libro del posicionamiento en buscadores,
en Expertos en Internet: Sociedad de
las Indias Electrónicas
. Última consulta
04/10/04. http://www.lasindias.com/informes.html
.

· RAMONET,
Ignacio, 2003, "Información e cidadanía na globalización. Un quinto poder fronte
ós medios", en
Tempos Novos, no. 77, pp. 48-58.

·
Google.dirson.com – noticias de google en
español
. Última consulta 08/10/04.
http://google.dirson.com
.

·
International Herald Tribune. Última consulta
05/10/04 http://www.iht.com/articles/120739.html
.

· Memorias
de un geek
. Última consulta 08/10/04 http://memoriasdeungeek.bitacoras.com/2004/04
.

·
Navegante de El Mundo.es. Última consulta
08/10/04, http://www.el-mundo.es/navegante
.

·
Über: Better Than You, Daily. Última
consulta 08/10/04, http://uber.nu/2001/04/06
.

Notas

·
[1] –
COLLON cita a obra: CHOMSKY e HERMAN, 1988, Manufacturing
consent
, New York.

·
[2] –
Buscador desenvolto por Larry Page e Sergey Brin e con presenza
en Internet dende 1998.

·
[3] –
Sitio web de Amazon fundado en 1996 que ofrece información
sobre o tráfico das páxinas de Internet a
través dos datos recollidos dos usuarios da súa
barra de ferramentas (toolbar).

·
[4] –
Portal desarrollado por David Filo e Jerry Yang que comezou como
directorio de webs en 1994 e actualmente ofrece diversos servizos
on-line (buscas, correo, compras,
etc.).

·
[5] –
Portal de Microsoft que
ofrece, entre outros, servizos de correo, busca, compras,
etc.

·
[6] –
Segundo datos de Alexa a 23 de setembro de 2004 Google ocupa o
4º posto global no ranking que fai este web cos resultados
de tráfico facilitados polos usuarios da súa
toolbar por debaixo de yahoo, msn, e sina (portal
asiático). Compre especificar que segundo estas mesmas
fontes, do tráfico de yahoo o 38% e para correo e
só o 4% para o motor de busca. Con Msn 0 77% das visitas
son para hotmail e só o 7% para o seu servizo de busca. En
canto a Sina.com: a maior parte das entradas na web son para o
servizo de novas (13%) e só un 2% emprega o seu servizo de
buscas.

·
[7]

http://www.elmundo.es/navegante/2004/06/08/empresas/1086685302.html

.


http://www.elmundo.es/navegante/2004/03/01/empresas/1078141130.html

.

·
[8] – Por
exemplo:


http://www.el-mundo.es/navegante/2004/09/28/empresas/1096367507.html

.


http://www.elmundo.es/navegante/2004/07/27/esociedad/1090926142.html

.

·
[9] – Para
un coñecemento pormenorizado da represión e censura
en Internet recomendamos visita-la web de Reporteros Sin
Fronteras e consulta-lo seu informe "Internet bajo
vigilancia": http://www.rsf.org/rubrique.php3?id_rubrique=434
.

·
[10] – O
sistema Google Adwords consiste na ubicación, na
páxina de resultados, de enlaces patrocinados asociados a
un determinado termo de busca, que se sitúan no lateral
dereito, sen interferir na consulta da lista de resultados. O
anunciante só paga polos clics que consegue o seu
anuncio.

·
[11] –
Para ter un coñecemento máis exhaustivo sobre os
criterios de Google recomendamos consultar:

– UGARTE de, David, 2002, El libro del
posicionamiento en buscadores
, en http://www.lasindias.com/informes.html
.

– FERNÁNDEZ, David, 2003 "Cambios en Google", en
DiarioRed.com, http://www.diariored.com
.

http://google.dirson.com/pagerank.php
.

·
[12] –
"How George Bush got Google bombed", International Herald
Tribune
, http://www.iht.com/articles/120739.html
.

·
[13]
http://uber.nu/2001/04/06/

·
[14]

www.newsday.com/business/ny-bzgoog1206,0,2339508.story?coll=ny-business-headlines

. (esta ligazón non se atopaba
operativa o día da última consulta:
04/10/2003)

·
[15]
http://memoriasdeungeek.bitacoras.com/2004/04/

·
[16]
http://google.dirson.com/concurso-posicionamiento

·
[17] – A
terminoloxía empregada sobre o posicionamento está
tirada do artigo: CODINA, Lluís, "Posicionamiento web:
conceptos y ciclo de vida", dispoñible en:
http://www.hipertext.net/directo.asp?pagina=web/pag102.htm

.


Licencia de
Reconocimiento-No Comercial

Estos contenidos son Copyleft bajo una licencia de
Creative Commons.
Pueden ser distribuidos o reproducidos, mencionando su autor,
siempre que no sea para un uso económico o comercial. No
se pueden alterar o transformar, para generar unos
nuevos.

Alberto Dafonte Gómez

Este artículo es obra original de Alberto Dafonte
Gómez y su publicación inicial procede del II
Congreso Online del Observatorio para la CiberSociedad:
http://www.cibersociedad.net/congres2004/index_es.html"

Partes: 1, 2
 Página anterior Volver al principio del trabajoPágina siguiente 

Nota al lector: es posible que esta página no contenga todos los componentes del trabajo original (pies de página, avanzadas formulas matemáticas, esquemas o tablas complejas, etc.). Recuerde que para ver el trabajo en su versión original completa, puede descargarlo desde el menú superior.

Todos los documentos disponibles en este sitio expresan los puntos de vista de sus respectivos autores y no de Monografias.com. El objetivo de Monografias.com es poner el conocimiento a disposición de toda su comunidad. Queda bajo la responsabilidad de cada lector el eventual uso que se le de a esta información. Asimismo, es obligatoria la cita del autor del contenido y de Monografias.com como fuentes de información.

Categorias
Newsletter