Examen Selectividad "Relaciones Iglesia-Estado (S.Xix-Xx)"

2558 palabras 11 páginas
Os seguintes documentos fan un percorrido pola relación entre a Igrexa e o Estado dende a implantación do liberalismo até o comezo do réxime franquista. A evolución desta relación, en constante cambio ao longo destes anos, marcará o comportamento da sociedade española e así mesmo influirá activamente nos acontecementos políticos.

O sistema do Antigo Réxime, que encadraba á sociedade nun sistema estamental tremendamente ríxido (grupos privilexiados e non privilexiados), estaba marcado ademáis por unha enorme influencia do catolicismo. Esta impronta marcaba todo tipo de comportamentos, tanto públicos coma privados, e tiña un enorme peso na toma de decisións políticas. O mesmo poder do monarca estaba baseado na suposta orixe divina (rei
…ver más…

A volta ao poder de Fernando VII, unha vez rematada a Guerra de Independencia, impedirá a aplicación de todas as reformas liberais (impulsadas pola burguesía) que figuraban na Constitución de Cádiz. Non obstante e a pesares do intento dunha volta ao absolutismo, os acontecementos do ano 1812 marcarán un antes e un despois, xa que a partir deste momento a monarquía vai precisar do apoio dos liberais para exercer o seu poder con garantías. Lóxicamente, as preferencias do poder real sempre van estar da parte dos liberais moderados, máis comprensivos no que respeita ao mantemento dos privilexios e non tan rupturistas co sistema. Haberá que esperar ao ano 1836, momento no cal os liberais progresistas acceden ao poder mediante un pronunciamento militar, para que de novo se aplique o proxecto de desamortización esbozado na Constitución de Cádiz. Será Mendizábal, liberal progresista chamado a gobernar pola rexente María Cristina (quen trala morte de Fernando VII gardaba o trono ate a maioría de idade de Isabel II) quen poña en marcha esta ambiciosa reforma. A intención da desamortización eclesiástica de Mendizábal foi ante todo a de obter beneficios para as arcas do Estado a través da supresión de numerosas ordes relixiosas (quedaban suprimidas todas excepto aquelas

Documentos relacionados