Resumo Ollos de auga, Domingo Villar

1285 palabras 6 páginas
OLLOS DE AUGA

O autor, Domingo Villar
-Comezou a achegarse ó mundo literario compoñendo guións de cine e televisión.
-Obtivo coa súa primera novela ``Ollos de agua´´, o I Premio Sintagma, o Premio Brigada 21 e o Premio Frei Martín Sarmiento, e foi finalista en dúas categorías dos Crime Thiller Awards no Reino Unido.

Rafael Estévez
-Rafael Estévez era un axente de policía que chegou destinado a Vigo dende Zaragoza.
-Non estaba acostumado á nosa forma de falar, por iso era común a súa perda de papeis, comportamento que descontentaba ós seus superiores. E se a iso engadimos a súa forte complexión, difundía medo entre os seus investigados.

Lois Reigosa
Saxofonista profesional que substituía o antigo profesor do Conservatorio
…ver más…

Xa con esas probas gráficas, o señor Zuriaga confesou a súa relación extramatrimonial con Lois Reigosa. Dixo que era víctima dunha chantaxe na cal lle enviaban fotos de contido homosexual coa ameaza de facelas públicas a cambio de 3000 €. Dimas escusou a súa mentira dicindo que prefería non sacar a chantaxe á luz porque esta xa cesara. Descubrir ó mundo a súa orientación sexual suporía a fin do seu matrimonio e da súa carreira médica.
A proba definitiva para culpar do crime a Dimas fora o descubrimento dunha luva de látex con restos de pólvora no exterior procedentes da arma que acabara coa vida de Orestes e no interior contiña o ADN do doutor. Aínda así, o doutor Zuriaga seguía defendendo a súa inocencia.

Retoma da investigación e resolución final
Cando o caso semellaba resolto, o instinto de Leo Caldas xurdiu das profundidades para retomar o caso. A mente do inspector non concibía a obviedade dos acontecementos, polo que decidiu comezar outra investigación, ante a incomprensión do noso personaxe, Estévez. A luz que prendeu na cabeza de Caldas foi lembrarse daquela incógnita que levaba días atormentándoo. O inspector menosprezara a chamada ó programa de radio no que colaboraba, na que unha persoa repetira dúas veces a frase “benvida sexa a dor se é causa de arrepentimento”, a frase que aparecía subliñada no libro que se atopaba na mesiña de noite de Reigosa. Ó coñecer que a chamada se realizara dende un

Documentos relacionados